Noticias

Doce persoas con discapacidade lograron insertarse laboralmente este ano grazas á empresa de integración de Amicos

As persoas con discapacidade poden realizar gran parte dos mesmos traballos que fan o resto de cidadáns, se lle dámos a oportunidade e lle ofrecemos as condicións necesarias para elo. Isto é o que demostraron durante este 2017 doce usuarios da Asociación Amicos que, a través da empresa Servizos EIL, lograron un contrato de traballo.

A empresa de inserción laboral Servizos EIL opera sobre todo no campo das labores forestais, limpezas de xardíns, sinalizacións e rehabilitacións de patrimonio. Tres concellos da comarca (Rianxo, Ribeira e A Pobra do Caramiñal) e o Parque Nacional das Illas Atlánticas contratáronlle este ano diversas labores deste tipo. Cinco persoas estiveron contratadas para as citadas labores na administración local.

Así, por exemplo persoas con discapacidade estiveron traballando durante tres meses limpando beirarúas en Rianxo, tarefa que tamén realizaron na Pobra do Caramiñal. No Concello de Ribeira ocupáronse da limpeza do Paseo Fluvial do Rio Arles, que desemboca no Parque Natural de Corrubedo.  Na Illa de Sálvora, no Parque Nacional das Illas Atlánticas, encargáronse do mantemento de inmóbeis parte do seu patrimonio histórico.

Servizos EIL forma parte da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA). Confiar neste tipo de compañías, permite as administracións, como xa o está a facer tamén o Parque Nacional das Illas Atlánticas, facer realidade un modelo de políticas activas de emprego eficaz e eficiente para un dos colectivos que máis as necesitan, as persoas con discapacidade.

© 2014 Amicos