A Asociación Amicos celebrou esta mediodía, ao igual que realiza dende que botou a andar hai máis de 16 anos, outra edición do seu tradicional Festival de Nadal. Máis de 120 persoas – entre usuarios do Centro de Día, Centro Ocupacional, Centro Residencial e alumnos do Centro de Educación Especial, as súas familias e os traballadores de Amicos – gozaron desta sinalada data cun completo programa de actividades.
O prato forte foi o festival de panxoliñas de Nadal, que os usuarios levan preparando dende hai semanas. Tamén no Centro de Atención Integral de Boiro, houbo un xantar con menú especial, no que non faltou o marisco típico destas datas. Pola tarde, chegou a sorpresa máis máxica, coa visita do Papá Noel, cargado de agasallos e sorpresas para os usuarios.
A Asociación Amicos atende a máis dun cento de persoas con discapacidade intelectual e as súas familias. Ademais de coidados e formación, Amicos esfórzarse por lograr que a integración social sexa unha realidade en todos os ámbitos, tamén no ocio. Por iso, Amicos sempre organiza festivais deste tipo en datas importantes (como Magosto, Samaín, San Xoán, etc.) que permiten as persoas con discapacidade compartir estas celebracións en igualdade coas persoas das súas contornas sociais.