Novas

A deputada Ánxela Franco coñece as melloras no Centro de Atención Integral de Amicos

A deputada de Benestar Social, Educación  e Políticas de Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña, Ánxela Franco, realizou esta mañá unha visita institucional ao Centro de Atención Integral en Boiro. A Asociación Amicos atende a diario a un cento de persoas con discapacidade intelectual nesta instalación.
 
Franco recorreu as melloras que Amicos puido completar no Centro grazas á colaboración da Deputación. Así, a Asociación contou con axuda pública para a mellora da instalación eléctrica do Centro, tanto da acometida como duncentro de transformación de enerxía, rematando cos problemas de apagamento do subministro dos veráns. 
 
Ademais, a Deputación da Coruña tamén financiou a construción dunha cuberta translúcida de policarbonato. A cuberta permite que os usuarios monten e descendan dos vehículos de transporte adaptado sen sufriren directamente as inclemencias meteorolóxicas.
 
Grazas á colaboración con esta administración, Amicos tamén puido mellorar os accesos ao seu Centro de Atención Integral na parroquia de Comoxo, incorporando un peche automático a distancia do perímetro exterior -o que permitiu mellorar a seguridade- e pavimentando as zonas de acceso e o aparcadoiro.
 
A deputada encabezou un grupo que percorreu as instalacións do Centro de Atención Intergral para coñecer de primeira man os servizos que presta a entidade, como o centro de día, residencia, ximnasio, centro ocupacional, comedor, etc.. Durante a visita, Franco estivo acompañada por Xoán España, director xeral de Amicos e persoal técnico da Deputación e da Asociación.
 
 

© 2014 Amicos