Novas

Amicos anima a marcar “Actividades de Interese Social” na declaración da renda

A Asociación Amicos anima a todos os contribuíntes  que risquen o recadro de “Actividades de Interese Social” á hora de facer a súa declaración da renda. Cómpre lembrar que marcando o recadro de fins sociais non se pagan máis impostos nin, de ser o caso, se recibe menos devolución do IRPF.
Simplemente, indícase ao Estado que adique o 0,7% da campaña do IRPF a programas e proxectos para as persoas en risco de excusión social; como Amicos, que na actualidade atende a máis de cen persoas con discapacidade intelectual, autismo e parálise cerebral da Comarca do Barbanza, e as súas familias.
 
Nin se paga máis, nin se devolve menos, e ademais é compatible marcar este recadro de fins sociais e asemade o da Igrexa.
 
Segundo cifras presentadas recentemente por CERMI-Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD,  un 55% dos contribuíntes galegos do IRPF marcaron o recadro de “Actividades de interese social” o ano pasado.  Malia que o número dos que riscaron o recadro subiu en 7.320 persoas, aínda hai máis de medio millón de contribuíntes do país que non o fixeron. Isto provocou que entidades que axudan a persoas en risco sen exclusión non recibiran uns 25 millóns aos que potencialmente tiñan dereito.  Marcar a casilla de Fins Sociais na Renda é un pequeno xesto que non custa nada pero que pode supor mellorar a calidade de vida de miles de persoas.

© 2014 Amicos