Novas

Amicos entrega 82 diplomas de capacitación laboral a persoas con discapacidade

Oitenta e dúas  persoas con discapacidade melloran as súas cualificacións de cara a conseguir un emprego grazas aos cursos que recentemente completaron en Amicos.  Estes usuarios foron alumnos de oito cursos de formación impartidos pon Amicos no proxecto Inserta2 a través do Programa Máis Emprego de La Caixa. Este mediodía recolleron os seus diplomas, nun acto organizado no Centro de Atención Integral de Amicos en Boiro.

Consciente de que este colectivo debe superar aínda máis barreiras que outros traballadores para conseguir un emprego, Amicos pon especial énfase continuamente en formar ás persoas con discapacidade para inxerilas no mercado laboral. Neste caso, os programas de capacitación contaron co apoio doutras dúas institucións, La Caixa -a través da súa Fundación Bancaria- e a Unión Europea, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e d Economía Social 2014-2020.

Os cursos impartidos foron:

  •     Prevención de Riscos Laborais (un curso de 30 horas para 9 alumnos)
  •     Operador de Carretillas Elevadoras (20 horas, 12 alumnos)
  •     Manipulador de Alimentos (3 horas, 11 alumnos)
  •     Ferramentas para o Emprego (10 horas, 9 alumnos)
  •     Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (16 horas, 4 alumnos)
  •     Alfabetización Dixital e Busca de Emprego a través do Móbil (80 horas, 8 alumnos)
  •     Habilidades Socio laborais (un obradoiro prelaboral de 470 horas para 11 alumnos)


Todos eles foron impartidos no Centro de Atención Integral de Amicos en Boiro na segunda metade do ano pasado.

Representantes da administración pública e das institucións implicadas participaron no acto de entrega de diplomas. Entre eles, , o director de área de La Caixa D. Antonio Lema, a directora territorial da Obra Social La Caixa Dna. Susan Santos, a Subdirectora xeral de Centros Residenciais e Atención Diúrna para Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia Dna. Mar Ferreiro  e o alcalde de Boiro D. Juan José Dieste. D. Xoán España, director xeral de Amicos, abriu o acto cunhas palabras nas que agradeceu o apoio destes organismos.

O programa inserta2 - Mas Empleo de O. S. La Caixa xa logrou que 30 participantes no proxecto de Amicos insertáranse laboralmente logrando un contrato de traballo. Ademais, 55 alumnos con discapacidade recibiron formación ocupacional e 100 en total completaron un itinerario personalizado de inserción. Este proxecto seguirá en marcha nos próximos anos.

© 2014 Amicos