Novas

Degustación gastronómica benéfica galego-rioxana

O xoves tivo lugar a presentación do III encontro cultural e gastronómico Amigos de Elciego (A Rioxa) e a peña “Os Luns ó Sol” (Boiro). A recaudación que se faga irá destina integramente á asocición AMICOS, en concreto para a súa sala de rehabilitación.

Ó acto acudiron o Ilmo Sr. Alcalde de Boiro Dn. JUAN JOSÉ DIESTE, o representante da peña “Os Luns ó Sol” Dn QUIN RIVEIRO e Dna Felisa Piñeiro (nai de AMICOS) . Xa van tres edicións deste encontro cultural e gastronómico que se celebra en anos alternos no concello de Boiro dende o 2013. Con este encontro preténdese acercar a cultura e gastronomía rioxana e a galega.

Así pois, dentro do programa deste evento cabe destacar a degustación gastronómica benéfica. O día 22 de xullo ás 20:30h, na rúa peonil do Concello de Boiro, poderemos degustar un asado de chuletiñas, chistorra e longaniza, acompañado dun viño rioxa-alavesa por tan só 3 euros.


© 2014 Amicos