Novas

Dous conselleiros coñecen o traballo de voluntariado ambiental de Amicos en Sálvora

O Conselleiro de Política Social José Manuel Rey Varela e a Conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato embarcaron este mediodía rumbo a Illa de Sálvora. Aló os mandatarios están a coñecer de primeira man as labores de voluntariado ambiental que máis de 20 usuarios de Amicos levan varios meses realizando para o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Amicos leva varios anos colaborando co Parque Nacional  na organización de grupos de voluntarios que axudan a coidar espazos protexidos. Así, até este outono haberá usuarios limpando as praias do lixo que traen as mareas e deixan os visitantes, acondicionando camiños, erradicando especies invasoras, etc.

Ademais, Amicos foi o responsable de sinalizar mediante pictogramas adaptados a persoas con discapacidade intelectual as instalacións do centro de benvida e divulgación, situado Vigo. Por outra banda, a través da empresa de inserción laboral Properdis, Amicos completou a rehabilitación de construcións situadas en Sálvora, parte do patrimonio histórico do Praque.

A Asociación, que axuda a máis de cen persoas con discapacidade intelectual e as súas familias da comarca do Barbanza, aposta por promover unha igualdade plena de todas as persoas, o que inclúe devolver a solidariedade recibida realizando labores de voluntariado en favor do conxunto da sociedade.

Canda os dous conselleiros e os voluntarios de Amicos, participaron na visita dous directores xerais da Xunta (Cecilia Vázquez directora xeral de Xuventude e Voluntariado e  Ana María Díaz López directora xeral de Patrimonio Natural). Partiron tamén do peirao de Ribeira o alcalde desta localidade Manuel Ruíz Rivas,  o director do Parque Nacional as Illas Atlánticas,  Jose Antonio Fernández Bouzas  e o xerente de Amicos Xoán España.

© 2014 Amicos