Novas

Material novo en Amicos grazas a axuda do Ayuntamiento de Elciego e a peña Os luns ao Sol

Representantes do Concello de Elciego (Álava), encabezados polo seu alcalde, Luis Aldazabal, e da Peña Os Luns ao Sol (Boiro) entregaron este venres á Asociación Amicos o resultado da súa campaña solidaria deste ano. En concreto, varios aparatos para a sala de rehabilitación que contribuirán a facilitar o mantemento físico do cento de persoas con discapacidade intelectual que atende Amicos.

Aproveitando a ocasión, realizouse unha visita guiada por todos os servizos da entidade. A presidenta da Asociación Amicos, Esther Vidal e membros da xunta directiva da asociación agradeceron a colaboración destas entidades, que se ven realizando xa hai varios anos.

Nesta ocasión, a acción solidaria consistiu na organización dun evento gastronómico solidario. O día 22 de xullo na rúa peonil do Concello de Boiro, organizouse un asado de chuletiñas, chistorra e longaniza, que se serviu acompañado dun viño rioxa-alavesa por tan só 3 euros. Posteriormente, ao regreso do persoal de Elciego ao seu fogar, organizaron outro evento similar, unha degustación gastronómica benéfica de mexilón, xoia gastronómica da nosa zoa.

Amicos quere agradecer a inestimable e constante colaboración da Peña Os Luns ao Sol e do Concello de El Ciego, así como a de todas as persoas que participaron nos eventos gastronómicos.



© 2014 Amicos