Novas

Número 5 de "Capacidade", boletín da Asociación Amicos

A Asociación Amicos, que na actualidade atende a máis de 120 persoas, acaba de lanzar o quinto número de "Capacidade" (PDF). Trátase do boletín trimestral que informa das actividades deste colectivo sen ánimo de lucro que axuda ás persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise cerebral e as súas familias.

Nesta quinta edición de "Capacidade", os temas principais son as reivindicacións ao fío do Día Mundial da Síndrome de Down e o servizo de asesoría legal para familias e usuarios lanzados por Amicos.

Ademais, o protagonista da sección "Coñece a" é Víctor, o usuario que tras recibir formación traballa na biblioteca de Ribeira. As saídas de fin de semana que organiza a Asociación Integrados e varias visitas institucionais destes meses completan os contidos deste boletín.

© 2014 Amicos