Novas

Número 6 de "Capacidade", boletín da Asociación Amicos

A Asociación Amicos, que na actualidade atende a máis de 120 persoas, acaba de lanzar o sexto número de "Capacidade" (PDF). Trátase do boletín trimestral que informa das actividades deste colectivo sen ánimo de lucro que axuda ás persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise cerebral e as súas familias.

Nesta quinta edición de "Capacidade", os temas principais son as melloras no Centro de Atención Integral e o éxito da campaña #amicoscoautismo que desenvolvimos co gallo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Ademais, o protagonista da sección "Coñece a" é Jacobo, usuario do Centro de Día. A campaña do IRPF, a colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas e a celebración do San Xoán son outros dos asuntos abordados neste número.

© 2014 Amicos