Novas

Número 8 de "Capacidade", boletín da Asociación Amicos

A Asociación Amicos, que na actualidade atende a máis de 120 persoas, acaba de lanzar o oitavo número de "Capacidade" (PDF). Trátase do boletín trimestral que informa das actividades deste colectivo sen ánimo de lucro que axuda ás persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise cerebral e as súas familias.

Nesta séptima edición de "Capacidade", os temas principais son a promoción da accesibilidade cognitiva e a celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Ademais, a protagonista da sección "Coñece a" é Rosa Sanlés, usuaria gañadora do último concurso de postais de Nadal do Concello de Ribeira. Precisamente a festa de Nadal é outros dos temas deste boletín, canda a participación nun programa Erasmus + da Unión Europea e o balance de actividades de formacioń de 2017.

© 2014 Amicos