Novas

Usuarios de Amicos participan no Día europeo dos Parques con obradoiros e voluntariado en Sálvora

A Asociación Amicos participa no Día Europeo dos Parques, que se celebra hoxe, cunha serie de actividades que foron presentadas esta mañá nun acto institucional no Centro de Educación Especial de Amicos en  Ribeira (CEEPR). No evento participaron, entre outros, a Directora xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, Ana María Díaz López, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas e a presidenta de Amicos, Esther Vidal.

As actividades comezaron a partir das 11 horas cun obradoiro de formación e de  reciclaxe para os alumnos do CEEPR impartido por Personal do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Posteriormente, un grupo formado por 20 usuarios de Amicos desprazouse á illa de Sálvora nunha embarcación. Aló están realizando labores de voluntariado ambiental (limpeza de praias, acondicionado de camiños, etc.), como xa veñen facendo nestes últimos anos, en colaboración co Parque Nacional.

O obxectivo destas actividades é fomentar a protección dos nosos parques e espazos naturais. Na xornada de hoxe púxose especial énfase en como pode afectar o cambio climático a flora e fauna que habita o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Amicos tamén adiantou que realizará unha auditoría ambiental nos próximos meses. Para coñecer a pegada de carbono causada pola entidade. O obxectivo a longo prazo é lograr unha “pegada de carbono 0”, mediante actividades como a plantación de árbores.

A Federación EUROPARC, organización paneuropea que aúna a 38 países, é a encargada de promover un ano máis a celebración do Día Europeo dos Parques o 24 de maio, efeméride que conmemora a declaración dos primeiros parques nacionais en Europa, en Suecia, hai máis dun século. Nesta edición de 2017 o lema  "Cambia o clima, cambian os parques" nun intento de concienciar sobre a necesidade de tomar medidas contra o quencemento global.


© 2014 Amicos