Asociación

Amicos é unha asociación sin ánimo de lucro para atención e integración de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise, dano cerebral e ás súas familias.

Está recoñecida como prestadora de servicios sociais pola Xunta de Galicia (nº rexistro -2000/005362/1), e declarada de Interese Público (BOE 28 de setembro do 2006).




ALGO DE HISTORIA

AMICOS xorde no ano 2000, da man dun grupo de pais e nais movidos pola necesidade de crear un centro que atendese de xeito profesional as necesidades dos seus fillos e fillas, con graves discapacidades intelectuais. Así, tras anos de esforzos, en 2004 abría as súas portas o CENTRO DE DÍA DA ASOCIACIÓN AMICOS, converténdose no único centro homologado pola Consellería de Familia da Xunta de Galicia na comarca do Barbanza. Desde aquel 8 de novembro de 2004 producíronse outros moitos fitos arredor de Amicos. Entre eles, a posta en marcha en 2007 dun CENTRO OCUPACIONAL, no que se realizan actividades formativo-ocupacionais para persoas con discapacidade intelectual que lles permitan loitar pola súa inserción socio-laboral.

Xa en 2008, atendendo ás necesidades dos familiares de persoas con discapacidade menores de idade, e á gran demanda de atención directa a este colectivo, AMICOS pon en marcha un CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL. Esta escola, de carácter privado concertado, depende da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Entrado o ano 2014, estamos a piques de ver culminado un dos nosos soños: a posta en funcionamento dunha residencia para persoas con graves discapacidades que non dispoñan do apoio dunha familia. A súa culminación, non constituirá unha meta, senón un paso máis no longo camiño que AMICOS ten por percorrer, na procura do benestar das persoas con discapacidade intelectual.
 

OBXECTIVOS

  • Darnos a coñecer como recurso de apoio e axuda para as familias de persoas con discapacidade intelectual. 

  • Traballar para favorecer o desenvolvemento integral das persoas con discapacidade intelectual.

  • Dotar as persoas con discapacidade intelectual de coñecementos instrumentais básicos e habilidades sociais que faciliten a súa integración no mundo laboral.

  • Loitar por integrar socialmente ao colectivo con discapacidade intelectual, ofrecéndolle os recursos psicosociais necesarios.

  • Promover a atención e a formación ocupacional das persoas con discapacidade intelectual.

  • Asesorar, apoiar e formar ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias.

  • Poñer en coñecemento da sociedade a realidade das persoas con discapacidade intelectual, por medio de xornadas de integración, vistas a centros de ensino, etc.
     

PRINCIPIOS, MISIÓN E VALORES

A  Asocación AMICOS é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como MISIÓN prestar servicios e apoios para conseguir que cada persoa con discapacidade intelectual, autismo, parálisis, daño cerebral e as súas familias  podan desenrolar o seu proxecto de vida co obxectivo de conseguir a súa inclusión como cidadán de pleno dereito nunha sociadade xusta e solidaria.

A entidade traballa orientada a cumplir os seus PRINCIPIOS:

  • Respeto á persoa con discapacidade intelectual, autismo, dano- parálisis cerebral deben ser o pilar fundamental de todo o traballo da organización.

  • Estar comprometida coa Defensa e mellora da calidade de vida das persoas membros da organización. 

  • Velar pola inclusión e a participación social das persoas con Discapacidade Intelectual, autismo ou daño- paralisis cerebral.

 

Os VALORES nos que se sustenta o desenvolvementos das súas acticidades son:

  • Transparencia na xestión

  • Coherencia

  • Evaluación e Mellora continua

  • Solidariedade

  • Reivindicación

  • Innovación e apertura de cambio

  • Igualdade e Participación

  • Respeto

  • Carecer de ánimo de lucro



logo subvención

AMICOS presta o “Servizo de Atención Integral a Persoas con Discapacidade Intelectual” a través dunha axuda recibida dos PROGRAMAS DE COOPERACION DA XUNTA DE GALICIA. GARANTÍA XUVENIL. FONDO SOCIAL EUROPEO.
O obxectivo do servizo é prestar servizos de atención a Persoas con Discapacidade  Gravemente Afectadas,  que asemade están en situación de orfandade  e desprotección social, ademáis de desenvolver e por en marcha un servizo de atención que ten como finalidade  a atención  a persos con Discapacidade Intelectual. Persoas mozas, incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil están a formarse na prestación do servizo, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos a través do desenrolo das actividades con  Persoas con Discapacidade.

© 2014 Amicos