Artesanía

ALFARÍA

Os traballos de alfaría da Asociación Amicos son ideais para agasallos en celebracións, vodas, aniversarios, etc. Os prezos son moi competitivos e teñen o valor social engadido de estaren realizados integramente -dende o deseño até o secado, pasando pola cocción- polas persoas atendidas nos nosos centros, supervisadas por un monitor especializado. Son presentes especiais, baratos, solidarios e que contribúen a integración das persoas discapacitadas.
 
No taller de alfaría prodúcense a miúdo modelos de acordo a deseños estándar. Por exemplo, reproducións dos castros típicos de Galicia, recipientes para deixar obxectos, cuncas, etc. Amicos incluso ten producido trofeos para os vencedores de competicións deportivas, homenaxes, etc.
 
Ademais destas formas estándares,  Amicos pode personalizar os traballos en barro e arxila para adaptarse as necesidades específicas da encarga. É dicir, o cliente pode propor a forma, tamaño e decoración do agasallo; ademais do número de obxectos a producir.
 
As formas e tamaños son tan diversos que os prezos poden variar moito, entre outros factores, en función da cantidade encargada. O xeito máis áxil para encargalos e contactar con Amicos e concertar unha visita ao noso Centro Integral en Boiro. 

BIXUTERÍA

Os usuarios do Centro Integral en Boiro realizan obradoiros de diferentes clases como, por exemplo, bixutería.  A bixutería que realizan os usuarios do Centro Ocupacional pódese conseguir tanto Centro de Atención Integral Amicos de Boiro como nos expositores das feiras as que soe acudir  regularmente a Asociación.

Ademais de encargos individuais, é posíbel realizar encargos de unha serie destes productos con caracterísiticas similares. Amicos ten experiencia, por exemplo, en realizar broches para agasallar aos asistentes de eventos públicos, cerimonias, etc.

A aprendizaxe nos obradoiros de bixutería fomenta que os usuarios desenvolvan a súa creatividade e asemade gañan seguridade nas súas habilidades manuais. Son eles os que escollen as formas, cores, materiais -entre os que está o macramé, o coiro, a madeira etc.- dos abaloiros que confeccionan, traballo no que están  sempre supervisados polos seus monitores.

© 2014 Amicos