Colaborando: donativos e facerse socio

AMICOS é unha asociación que ten como misión prestar atención, asistencia e formación a persoas discapacidade intelectual, autismo, parálise, dano cerebral e as súas familias. Está recoñecida como prestadora de servizos sociais pola Xunta de Galicia (número rexistro-2000/005362/1). 
 
Con máis de 15 anos de traballo ininterrompido as súas costas, AMICOS atende a máis de 100 persoas na actualidade. Entre outros servizos, conta con un centro de educación especial, un centro de día, un centro ocupacional, unha unidade de atención temperá, un centro residencial e unha unidade de rehabilitación avanzada.

Lembre que AMICOS está declarada como entidade de utilidade pública polo que pode deducir o 25% dos donativos na declaración do IRPF de persoas físicas, e o 35% no caso das empresas. 

Toda a información sobre a que adica os seus recursos Amicos no apartado de Transparencia.
 
A través desta páxina pódese doar puntualmente ou facerse socio de AMICOS mediante estas vías.  

  • Mediante Paypal ou tarxeta de crédito:

     

     

     

    Cuotas para facerse socio:

     

  • Domiciliar en conta: Imprima este folleto, complete os seus datos e remítao por correo postal ao Centro de Atencion Integral de Amicos (Comoxo, s/n. 15938. Boiro). Tamén pode remitir o folleto cuberto por email a info@amicos.org.
 
Moitas grazas pola súa colaboración e quedamos a súa disposición para calquera dúbida no 981865716.

De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, informámolo de que os datos persoais incorpóranse a ficheiro responsabilidade da Asociación AMICOS, con domicilio social en Comoxo, s/n. 15938. Boiro A Coruña. A finalidade deste ficheiro é a xestión dos datos dos socios. Se desexa poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e oposición dirixíndose á dirección sinalada, achengando unha fotocopia do DNI.
 

© 2014 Amicos