Confituras e marmeladas

En AMICOS facemos marmeladas artesanalmente co que adquirimos experiencia coa manipulación de alimentos derivada do traballo diario, abríndose a oportunidade de iniciar esta nova actividade. 
Dentro dos nosos talleres elaboramos marmeladas e confituras con produtos 100% naturais, para o que só utilizamos como conservante o azucre.
Para eso seguimos unha serie de pasos ata chegar ao produto final:
  • Selección da froita.
  • Limpeza da froita.
  • Cortado da froita.
  • Pesar.
  • Cocer.
  • Engadir azucre
  • Envasar.
Seguindo a maioría destes pasos elabóranse: marmeladas, confituras, xaleas, froitas en almibre...
 

© 2014 Amicos