Formación

A nosa entidade entende a formación como un dos vehículos esenciais para acadar a integración en igualdade dos nosos usuarios e usuarias. Non só desde accións concretas destinadas ás persoas con discapacidade intelectual, senón tamén por medio de iniciativas de formación continua enfocadas a que os/as nosos/as profesionais poidan ampliar os seus coñecementos e desenvolver novas actividades (o proceso de formación continua dos nosos traballadores e traballadoras mellora a calidade do servizo ofertado, dando a oportunidade tanto a usuarios coma a profesionais de ampliar coñecementos e desenvolver novas actividades).



Noso Proxecto Educativo

Os dous principios xerais do Proxecto Educativo de Centro parten da Lei Orgánica de Educación 2/2006 do 3 de maio e son os mesmos que inspiran o Regulamento de Organización e Funcionamento do centro e o Plan de Convivencia:
 

  • A esixencia de proporcionar unha educación de calidade a todos os cidadáns de ambos os dous sexos, en todos os niveis do Sistema Educativo –calidade e equidade–.
     
  • A necesidade de que todos os compoñentes da comunidade educativa colaboren para conseguir ese obxectivo –esforzo compartido–.

 

Formación adaptada a demandas laborais

No ano 2011, a ASOCIACIÓN AMICOS aumentou o alcance da súa certificación, incluíndo na mesma á Formación Ocupacional. Ofrécese formación específica para aquelas persoas que conten con posibilidades de optar a unha oferta laboral concreta

Aquelas persoas con discapacidade intelectual con posibilidades de inserción laboral e que presenten características e competencias adaptadas para algunha demanda de traballo concreta, reciben a formación axeitada para asistir á correspondente entevista de traballo. Ademais, instrúeselle naquelas capacidades precisas para o desempeño do posto de traballo en cuestión, no caso de resultar seleccionados.

© 2014 Amicos