A FUNDACIÓN AMICOS nace coa finalidade de tutelar e protexer ás persoas con discapacidade orfas ou en situación de desprotección.
Esta organización de carácter non gubernamental, sen ánimo de lucro, créase no ano 2006 e conta con personalidade xurídica propia e plena capacidade para obrar.
Ao longo de 2013, a Fundación Amicos asumiu a tutela de varias persoas, que por diversas causas non contan cun familiar ou persoa cercana que poida exercer esta labor.

OBXECTIVOS
-
Potenciar e promocionar as persoas con discapacidade.
-
Mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias.
-
Organizar, patrocinar ou fomentar a creación de centros de asistencia.
-
Promover a integración laboral das persoas con discapacidade.
-
Tutela e curatela de persoas con discapacidade e maiores que queden orfas ou desamparadas.
ACTIVIDADES
-
Servizo tutelar.
-
Servizo de curatela.
-
Servizo de asesoría xurídica.
-
Servizo de atención a familias.
-
Servizo de emprego.
A Fundación Amicos presta o “Servizo de Tutela, Apoio , Asistencia e Atención a Persoas con Discapacidade Intelectual” a través dunha axuda recibida dos PROGRAMAS DE COOPERACIÓN DA XUNTA DE GALICIA. GARANTÍA XUVENIL. FONDO SOCIAL EUROPEO.
Esta axuda permitiu á Fundación Amicos a contratación de persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, estas persoas desempeñan o seu traballo ao mesmo tempo que se forman, xa que participan activamente no “Servizo de Tutela, Apoio , Asistencia e Atención a Persoas con Discapacidade Intelectual”, servizo que ten como obxectivo coidar e protexer a persoas con discapacidade intelectual, así como de proporcionarlle a protección e garantía dos seus dereitos. Con este servizo promocionase e potenciase ao colectivo de persoas con discapacidade intelectual, mellorando a súa calidade de vida.