Ocio e deporte

ACTIVIDADES DE OCIO

Aprender a disfrutar do tempo de ocio, resulta fundamental na sociedade actual, rexida polo estrés e polo traballo. As persoas con discapacidade intelectual non son unha excepción xa que tamén precisan dispor dun tempo para desfrutar e practicar as actividades que máis lles agradan para mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias.

Coñecedores desta realidade, dende Amicos traballamos activamente para conformar un  amplo programa de actividades, destinadas a mellorar o estado de ánimo, a capacidade física…, mediante a práctica de diversas disciplinas deportivas e actividades de lecer.
 



 
OBXECTIVOS
  • Descansar, divertirse e romper a rutina da vida diaria.

  • Dar a coñecer formas alternativas e atractivas para gozar do tempo libre.

  • Fomentar o coñecemento e disfrute dos lugares novos, así como de costumes diferentes os habituais.

  • Potenciar a participación das persoas con discapacidade nas actividades lúdicas que ofrece a sociedade.

 
ACTIVIDADES
 
Algunhas das actividades que realizamos son:
  • Campamentos 

  • Visitas a aquarios, zoo, neve …

  • Asistir a concertos, teatro,….

  • Relaxación: balneario, termas

  • Praia, parques acuáticos…

  • Saídas e visitas culturais: monumentos da zona, museos, Casa das ciencias,….

  • Actividades sociais: ir a cafeterías, discotecas, festas…

  • Actividades medioambientais: excursións, sendas de montaña e costeiras, piscinas naturais, parques naturais…

  • Festas tradicionais: San Xoan, Magosto, Cabalgata de Reis, Romarías…



 
ACTIVIDADES DEPORTIVAS
 
A mellora do estado físico mediante a práctica deportiva e a adquisición de hábitos de vida saudable, é un factor moi  importante  para mellorar o autoconcepto e a autoestima das persoas con discapacidade intelectual para repercutir positivamente na súa  integración na sociedade.


 
 
OBXECTIVOS
  • Evitar o sedentarismo

  • Mellorar o estado físico das persoas con discapacidade

  • Reducir o estrés.

  • Integración e adaptación na sociedade.

 
ACTIVIDADES
  • Natación.

  • Fútbol sala

  • Baloncesto

  • Petanca

  • Atletismosenderismo

  • Deportes alternativos: bolos, tiro con arco, quads

  • Deportes acuáticos: canoas….

 

© 2014 Amicos