Politica de privacidade

 
1.- ASOCIACIÓN AMICOS, en cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, infórmalle de que:
 
- A súa denominación social é ASOCIACIÓN AMICOS
- O seu NIF é G15747678
- O seu teléfono de contacto é: 981865716
- O seu domicilio sitúase en Lugar Comoxo S/n, 15938 Boiro (A Coruña)
- Está inscrita no: Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia co número 2005-8944-1.
- E dispón da seguinte dirección de correo electrónico de contacto asociacion@amicos.org.
 
2.- Así mesmo, ASOCIACIÓN AMICOS adoptou as medidas e niveis de seguridade esixidos na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, sobre Datos de Carácter Persoal (LOPD) e demais normativa que a desenvolve, conforme aos datos que almacena e trata. Os procedementos, normas e medidas establecidas poderán ser susceptibles de mellora como consecuencia de futuros cambios no sistema de información do Responsable do Ficheiro. Igualmente, poden verse afectados ante modificacións realizadas sobre a lexislación vixente en materia de protección de datos.
 
3.- ASOCIACIÓN AMICOS implantou todas as medidas técnicas ao seu alcance para garantir a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade da información solicitada a través da súa páxina Web www.amicos.org
 
4.- A información obtida por ASOCIACIÓN AMICOS dos distintos usuarios que visitan e interactúan coas páxinas e seccións localizadas en www.amicos.org, será rexistrada nun ficheiro, propiedade de ASOCIACIÓN AMICOS, inscrito no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos.
 
5.-A finalidade da recollida e tratamento de datos será a de poder, eventualmente, contactar co usuario que visita e completa os formularios existentes no sitio web, agora ou no futuro, para cuestións derivadas da propia relación que se estableza entre ambas as partes e o envío de comunicacións sempre relacionadas con ASOCIACIÓN AMICOS.
 
6.-O completado dos formularios, o envío de correos electrónicos ou a utilización doutros mecanismos de comunicación ofrecidos en www.amicos.org, implican o consentimento expreso do usuario ao tratamento dos seus Datos de Carácter Persoal por parte de ASOCIACIÓN AMICOS, coas finalidades expresadas no apartado 5.
 
7.- Calquera usuario que o desexe, pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, con arranxo ao previsto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, sobre Datos de Carácter Persoal (LOPD) e demais normativa aplicable para o efecto, mediante o envío dunha solicitude escrita e asinada, incluíndo o seu nome, apelidos e fotocopia do DNI ou outro documento acreditativo válido, na que se solicite o exercicio daqueles dereitos que desexe, a ASOCIACIÓN AMICOS, Lugar Comoxo S/n, 15938 Boiro (A Coruña). Este servizo non terá custo algún para o solicitante.
 
8.- Cando un usuario accede á páxina web de ASOCIACIÓN AMICOS pode quedar rexistro de parámetros tales como a dirección IP do usuario que se conecta, as páxinas visitadas, a data e a hora da conexión..., que non pretenderán en ningún caso unha finalidade que non sexa a meramente estatística. Calquera outro dato de carácter persoal tipo nome, dirección, teléfono, correo electrónico etc que non poida ser solicitado co mero feito de navegar polas páxinas existentes nun sitio web, non estará dispoñible para a entidade ASOCIACIÓN AMICOS se o propio usuario non o proporciona nun formulario disposto para tal fin.
 
9.- ASOCIACIÓN AMICOS resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida na súa web ou na configuración e presentación desta.
 
10.- ASOCIACIÓN AMICOS non garante a inexistencia de erros no acceso ao sitio web ou no seu contido, nin que este se atope actualizado, aínda que empregará todas as medidas que estean ao seu alcance para evitalos ou emendalos.
 
11.- ASOCIACIÓN AMICOS non asume responsabilidade algunha derivada dos contidos mostrados na conexión a ligazóns de terceiros aos que se fai referencia na web.
 
 
12.- A utilización non autorizada da información contida nesta web, así como a lesión dos dereitos de Propiedade Intelectual ou Industrial de ASOCIACIÓN AMICOS, dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas. Tanto o acceso a esta web como o uso que poida facerse da información contida na mesma é responsabilidade exclusiva de quen o realiza.
 
13.- ASOCIACIÓN AMICOS non se fai responsable dos posibles erros de seguridade que se poidan producir nin dos posibles danos que se poidan causar no sistema informático do usuario como consecuencia da presenza de virus no ordenador empregado para a conexión aos servizos e contidos de www.amicos.org, dun mal funcionamento do navegador ou do uso de versións non actualizadas do mesmo.
 

© 2014 Amicos