Calidade / Certificacións

AMICOS conta coas seguintes certificacións:


  • Amicos está recoñecida como prestadora de servizos sociais pola Xunta de Galicia (nº rexistro-2000/005362/1).
     
  • Amicos está declarada de Interese Público (BOE 28 setembro do 2006).
     
  • Amicos ten implantado un sistema de calidade segundo a norma UNE-EN ISO 9001:2008, certificado por AENOR (Certificado e Anexo) e internacionalmente por IQnet (Certificado e Anexo).
     
  • En 2009 ampliou o sistema de calidade (norma UNE 158201:2007), que recolle servizos para a promoción da Autonomía persoal e Xestión de Centro de día e noite, certificado por AENOR (Certificado).
     
  • Amicos manifesta e asume o compromiso de protección do medio ambiente, facéndose patente o mesmo coa implantación do sistema de Xestión Ambiental en base ós requisitos da Norma UNE-EN ISO 14001, certificados por AENOR (Certificado)  e internacionalmente por IQnet (Certificado).
  • Do mesmo xeito, Amicos dispón do título de cumprimento do Reglamento EMAS outorgado pola Xunta (Certificado) e por AENOR (Certificado).
     
  • No ano 2011, a Asociación Amicos aumentou o alcance da súa certificación, incluíndo na mesma á Formación Ocupacional.
     
  • En 2012, 2013, 2014 e 2015 sometémonos a unha revisión total do sistema de calidade, continuando coas citadas certificacións.

  • Os produtos do Ecoviveiro da Asociación Amicos están certificados polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA)
 

© 2014 Amicos