Serigrafía

A Asociación Amicos opera dende hai varios anos un servizo de serigrafía e preimpresión. O taller  está xestionado por un monitor especializado que supervisa a labor dos usuarios, que colaboran nas tarefas como parte da súa integración sociolaboral.

O servizo de serigrafía emprega, entre outras, as técnicas de impresión en serigrafía, tampografía e bordado ofrece tamén todo tipo de impresións en plotter, tanto destinadas a interiores (por exemplo carteis)  como a exteriores (por exemplo rótulos). As impresións poden facerse sobre calquera tipo de superficie plana, incluído os téxtiles.

Ademais, pódese encargar o deseño e impresión de todo tipo de material publicitario (chisqueiros, camisetas, sudadeiras, bolsas, etc) e a maquetación e impresión de trípticos, folletos, memorias, etc.

Para coñecer en detalle os prezos e características dos pedidos a encargar o mellor é contactar coa Asociación Amicos en Comoxo ou escribir a publiam@amicos.org

© 2014 Amicos