Servizo de emprego



O CENTRO OCUPACIONAL de AMICOS
desenvolve toda unha serie de obradoiros prelaborais adaptados, destinados a que os usuarios e usuarias adquiran os coñecementos e habilidades básicas en diversas ocupacións (obradoiros relacionados co sector da hostalería, a serigrafía ou a agricultura ecolóxica…).

Ademais, ofrécese formación específica para aquelas persoas que conten con posibilidades de optar a unha oferta laboral concreta, mediante o asesoramento e a preparación de entrevistas de traballo, e un servizo de intermediación laboral que inclúe tarefas de orientación e guía persoal. Este acompañamento continúa unha vez conseguido o posto de traballo, cun servizo de seguimento e apoio fronte ás posibles dúbidas e problemas derivados do ambiente laboral.

Estas son algunas das accións levadas a cabo polo noso CENTRO OCUPACIONAL:

  • Talleres de traballo adaptado: constitúen a principal actividade do CENTRO OCUPACIONAL favorecendo a posibilidade de que as persoas con discapacidade intelectual poidan acceder ao desempeño dun posto de traballo.
  • Talleres prelaborais adaptados: resulta prioritario ofrecerlles aos nosos usuarios e usuarias, dentro das súas posibilidades, unha formación ocupacional a través da que poidan adquirir habilidades básicas para o desempeño de determinados postos de traballo.
  • Formación adaptada a demandas laborais: instrúeselle naquelas capacidades precisas para o desempeño do posto de traballo en cuestión.
  • Servicios de orientación e guía persoal: teñen como finalidade orientar aos nosos usuarios e usuarias de cara á consecución d un posible posto de traballo.
  • Apoio postlaboral: a nosa entidade realiza un exhaustivo seguimento destinado a proporcionarlle á persoa con discapacidade os apoios precisos para solventar as súas limitacións.

Máis aló da actividade en prol da inserción laboral dos seus usuarios e usuarias que AMICOS desenvolve a través do seu CENTRO OCUPACIONAL, a entidade é a responsable da posta en marcha de SERVINSERTA (é un centro especial de emprego) e PROPERDIS (unha empresa de inserción laboral que vén consolidando a súa actividade arredor dos eidos do medioambiente e as obras).

O mercado laboral actual está marcado pola dificultade de acceso para a mocidade a un posto de emprego. Esta realidade resulta aínda moito máis complexa nas persoas con discapacidade intelectual, un colectivo en grave risco de exclusión social, que precisa acompañar a súa formación de oportunidades de práctica laboral, a través das que amosar as capacidades para desenvolver un traballo normalizado.

A través dun emprego remunerado e da formación e asesoramento precisos, facilítase que as persoas con discapacidade gocen da oportunidade dunha integración sociolaboral. Para acadar este obxectivo, realízase un plan individualizado de inserción no cal se analizan os niveis formativos ou competencias profesionais presentadas, coa finalidade de desenvolver as aptitudes e habilidades demandadas polo mercado laboral activo. 

© 2014 Amicos