Servizo de rehabilitación

As persoas con discapacidade intelectual deberían ter acceso a unha atención médica xeral e a servizos adecuados de rehabilitación. A Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade establece que os países deben garantir que as persoas con discapacidade teñan acceso a servizos de saúde apropiados, incluída a atención sanitaria xeral e servizos de rehabilitación.

O SERVIZO DE REHABILITACIÓN DE AMICOS nace ante la necesidade de fomentar a rehabilitación das persoas con discapacidade intelectual procurando o desenvolvemento da autonomía nas actividades da vida diaria, nas actividades laborais e no disfrute do lecer e o tempo libre.

Este servizo conta con diferentes actividades de rehabilitación, entre as que podemos citar as seguintes:

  • Fisioterapia.
  • Hidroterapia.
  • Equitación terapéutica e hipoterapia.
  • Potenciación da psicomotricidade grosa.
  • Actividades deportivas y físicas.

© 2014 Amicos