Servizo de transporte adaptado

A asociación dispón dunha frota conformada por un total de dez vehículos (un minibús e nove furgonetas) cinco dos cales contan coa adaptación para o traslado de persoas con mobilidade reducida. A través deste servizo de transporte, Amicos facilita o desprazamento dos seus usuarios/as desde os seus respectivos domicilios ata a asociación e viceversa.

© 2014 Amicos