Transparencia


Retribucións

Ningún dos cargos directivos de Amicos recibe retribución algunha. Todos os cargos desempeñan a súa labor de xeito altruista.

 

Estatutos

 

Memorias de actividades

Auditoría

Declaración Medioambietal

 


Financiamento público

logo subvención

AMICOS presta o “Servizo de Atención Integral a Persoas con Discapacidade Intelectual” a través dunha axuda recibida dos PROGRAMAS DE COOPERACION DA XUNTA DE GALICIA. GARANTÍA XUVENIL. FONDO SOCIAL EUROPEO.

O obxectivo do servizo é prestar servizos de atención a Persoas con Discapacidade  Gravemente Afectadas,  que asemade están en situación de orfandade  e desprotección social, ademáis de desenvolver e por en marcha un servizo de atención que ten como finalidade  a atención  a persos con Discapacidade Intelectual. Persoas mozas, incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil están a formarse na prestación do servizo, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos a través do desenrolo das actividades con  Persoas con Discapacidade.

 

logo subvención
 

O servizo de “Formación e Integración en ocio e deporte, formación e práctica  para mozos/as con discapacidade, lévase a cabo grazas aos Programas de Cooperación da Xunta de Galicia, Garantía Xuvenil, Fondo Social Europeo. Este servizo pretende ser un proxecto integrador e reforzador do concepto tradicional de formación e aprendizaxe, ao mesmo tempo que permitirá ampliar a atención de persoas dependentes das Comarcas de Barbanza, Noia e Sar.  Baséase principalmente na actuación de asistencia e apoio nos distintos servizos que brinda a entidade. Persoas mozas, incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, están a formarse na prestación de Servizos de ocio e deporte, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos,  a través de actividades nas que participan persoas con discapacidade.
 

 

logo subvención
 

A Fundación Amicos presta o “Servizo de Tutela, Apoio , Asistencia e Atención a Persoas  con Discapacidade Intelectual” a través dunha axuda recibida dos PROGRAMAS DE COOPERACIÓN DA XUNTA DE GALICIA. GARANTÍA XUVENIL. FONDO SOCIAL EUROPEO.
 
Esta axuda  permitiu á Fundación Amicos a contratación de persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, estas persoas desempeñan o seu traballo ao mesmo tempo que se forman, xa que participan activamente no “Servizo de Tutela, Apoio , Asistencia e Atención a Persoas  con Discapacidade Intelectual”, servizo que ten como obxectivo coidar e protexer a persoas con discapacidade intelectual, así como de proporcionarlle a protección e garantía dos seus dereitos. Con este servizo promocionase e potenciase ao colectivo de persoas con discapacidade intelectual, mellorando a súa calidade de vida.

© 2014 Amicos