Productos

Alfaría

Os traballos de alfaría da Asociación Amicos son ideais para agasallos en celebracións, vodas, aniversarios, etc. Os prezos son moi competitivos e teñen o valor social engadido de estaren realizados integramente -dende o deseño até o secado, pasando pola cocción- polas persoas atendidas nos nosos centros, supervisadas por un monitor especializado. Son presentes especiais, baratos, solidarios e que contribúen a integración das persoas discapacitadas.
 
No taller de alfaría prodúcense a miúdo modelos de acordo a deseños estándar. Por exemplo, reproducións dos castros típicos de Galicia, recipientes para deixar obxectos, cuncas, etc. Amicos incluso ten producido trofeos para os vencedores de competicións deportivas, homenaxes, etc.
 
Ademais destas formas estándares Amicos pode personalizar os traballos en barro e arxila para adaptarse as necesidades específicas da encarga. É dicir, o cliente pode propor a forma, tamaño e decoración do agasallo; ademais do número de obxectos a producir.
 
As formas e tamaños son tan diversos que os prezos poden variar moito, entre outros factores, en función da cantidade encargada. O xeito máis áxil para encargalos e contactar con Amicos e concertar unha visita ao noso Centro Integral en Boiro. Atenderémolo encantados !

© 2014 Amicos