Productos

Calendario Solidario 2016


Os fondos recadados co calendario solidario da Asociacion Amicos irán destinados a Unidade de Atención Temperá, que atende cativos de 0 a 6 anos. Unha ducia de empresas da comarca e varias asociacións de empresarios colaboraron nesta edición, que xa é a terceira, do calendario

Terceira edición do calendario solidario da Asociación Amicos.  O calendario busca fomentar a integración laboral das persoas con discapacidade mostrando como se poden integrar en contornas de traballo. A recadación destinarase integramente a  Unidade de Atención Temperá, que atende aos usuarios máis novos de Amicos.

Amicos contou coa axuda dunha ducia de empresas para realizar este calendario, ademais da colaboración da ABE. Grupo Triñanes, Combustibles Puebla, Jeloal, Clínica El Carmen, Muebles Muñiz, Instalaciones Boiresa, Farmacia Villamil-Reigosa, Milar, Electrocar, Serdeco Contratas e Frigbar cederon as súas instalacións, nas que se tomaron as fotografías, e contribuíron o financiamento da obra. As imaxes son do estudo de fotografía Lesmes, de Ribeira, e foron impresas por Gráficas Garabal.

Os prezos son moi económicos: tres euros polo calendario de parede e dous euros polo calendario de mesa. Para facerse con el, achegarse a algún dos centros da Asociación.

© 2014 Amicos