Productos

Marmeladas e confituras

En Amicos poñemos a vosa disposición unha ampla selección de conservas e marmeladas. Todos os productos están dispoñíbeis en botes de cristal de 150 gramos. As súas etiquetas son totalmente persoalizábeis, polo que resultan unha alternativa ideal como regalo para vodas, celebracións, cestas de Nadal.

Os nosos usuarios supervisados polos monitores elaboran conservas de pemento, tomate (salsa de tomate e sofrito de tomate) procedente dos cultivos da propia asociación no seu Biocentro, produtos que están certificados como de ecolóxicos polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

Ademais, Amicos produce unha ampla gama de marmeladas. Hainas de piña, melocotón, pemento, tomate, melón, albaricoque, ameixa (a froita e non o bivalvo!) e outros produtos frescos de tempada.

Para escoller sabores, tamaños e persoalizar a etiqueta; o mellor e poñerse en contacto co noso Centro de Atención Integral, en Comoxo (Boiro).

Para realizar encargos, contactar con Amicos.

© 2014 Amicos