Persoas que apoiamos a persoas

 Traballamos para apoiar ás persoas con discapacidade. Coñece as nosas últimas historias

Últimas novas

O EQUIPO DE AMICOS RECIBE FORMACIÓN SOBRE CORAIS, ALGAS E PLANTAS MARIÑAS NO MARCO DO PROXECTO CABALGA

O EQUIPO DE AMICOS RECIBE FORMACIÓN SOBRE CORAIS, ALGAS E PLANTAS MARIÑAS NO MARCO DO PROXECTO CABALGA

Este mércores, 15 de xaneiro, unha parte do equipo de Amicos asistimos a unha formación sobre corais, algas e plantas mariñas no Centro de Atención Integral. A acción encádrase no proxecto CABALGA: Medidas innovadoras e inclusivas para a recuperación e conservación de comunidades bentónicas no Mediterráneo e Atlántico Galego, unha iniciativa pioneira posta en marcha polo Instituto de Ciencias do Mar do CSIC, a Asociación Amicos e varias confrarías de pescadores de Galicia e Cataluña.

read more
LAS ECOBRIGADAS RECIBEN O APOIO D@S PARTICIPANTES DO SEMILLEIRO DE EMPREGO RURAL DE IBERDROLA EN BERMO

LAS ECOBRIGADAS RECIBEN O APOIO D@S PARTICIPANTES DO SEMILLEIRO DE EMPREGO RURAL DE IBERDROLA EN BERMO

A Asociación Amicos leva a cabo dende comezos deste ano, a través das súas Ecobrigadas, unha serie de labores dirixidas á restauración ambiental do antigo trazado VG-11 no seu paso polas zonas de Espiñeira e Bermo, no concello de Boiro. A elas se sumaron como apoio os e as participantes no Semilleiro de Emprego Rural da entidade, unha iniciativa financiada pola Fundación Iberdrola.

read more
A FAMILIA DE AMICOS ACHEGÁMONOS A NOIA PARA CELEBRAR O FESTIVAL DE NADAL, ONDE PRESENTAMOS O CALENDARIO SOLIDARIO 2025

A FAMILIA DE AMICOS ACHEGÁMONOS A NOIA PARA CELEBRAR O FESTIVAL DE NADAL, ONDE PRESENTAMOS O CALENDARIO SOLIDARIO 2025

O Teatro Coliseo Noela de Noia acolleu esta mañá o tradicional festival de Nadal da nosa asociación. O evento comezou ás 11.30 horas coa presentación do calendario solidario da entidade. A continuación, os e as integrantes de Amicos actuaron nunha sesión cargada de música, bailes, e distintas actuacións. Ao acto acudiron Laura Salgado, concelleira de Economía, Facenda e Xuventude; Digna Iglesias, vicepresidenda de Amicos, e Xoán España, director xeral da entidade, entre moitos outros integrantes da familia Amicos.

read more
PRESENTAMOS O PROXECTO AMI4CEI, CENTRADO NA CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO INCLUSIVO

PRESENTAMOS O PROXECTO AMI4CEI, CENTRADO NA CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO INCLUSIVO

En Amicos puxemos en marcha o proxecto AMI4CEI, que presentamos a mañá deste mércores, 11 de decembro, no Centro de Atención integral de Amicos. Esta iniciativa, conducida pola área de Alianzas con Persoas e Empresas, desenvolverá distintas actuacións laborais e formativas dirixidas a persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, co obxectivo de  promocionar a contratación de persoas con discapacidade intelectual e/ou en situación de vulnerabilidade, como de consolidar os empregos inclusivos xa acadados.

read more

Coñece todo sobre nos nas nosas redes

Máis sobre AMICOS

  

 

Coñece os centros de Amicos

Amicos conta cun Centro de Atención Integral en Boiro e un Centro de Educación Especial en Ribeira, ambos na provincia da Coruña.
Aínda que o noso territorio de intervención é toda Galicia, tamén colaboramos con entidades autonómicas, nacionais e ata europeas
a través dos programas Erasmus+.

Faite Socio

O noso traballo tamén é posible grazas aos doantes regulares, ás empresas e aos amigos que se suman a Familia Amicos. O voso apoio é unha alianza de valor compartido, unha aposta pola solidariedade que nos permite levar a cabo o noso traballo diario. 

Multimedia

Descobre todo o que facemos na nosa canle de Youtube! Contido exclusivo, e moito máis. Non o perdas! Dálle click e subscríbete!