Onte celebramos en Comoxo o noso particular entroido con un montón de disfraces, doces típicos, desfiles e, como non podía faltar, a boa música.
Nas anteriores semanas, todos estivemos moi implicados en ambientar o centro coa decoración típica destas datas. Ademais estivemos a traballar nos nosos disfraces tanto no centro de Comoxo, como na de Oleiros. Aínda que, neste último caso, celebraron a festa dos disfraces o martes baixo a temática do circo. Os nenos, nenas e traballadores disfrazáronse de leóns, domadores, magos, coellos, pallasos, mimos e malabaristas para celebrar o tradicional entroido. A xornada estivo chea de xogos, bailes e ata un karaoke.
Unha das actividades que realizaron os nenos e nenas que forman parte do colexio de Amicos consistía en mercar un ticket, como si estivesen no circo, pero coa diferencia de que con este ticket podían conseguir doces típicos do entroido. Grazas a esta actividad todos e todas puideron aprender a manexar o diñeiro.
Por outra parte, en Comoxo comezamos a mañá de onte preparando a nosa maquillaxe e dando os últimos toques aos nosos disfraces para estar todo a punto para o gran momento. Todo elo, acompañado de música e o ambiente festivo.
Chegou o momento. Despois de dous anos, todos e todas puidemos celebrar o entroido todos xuntos ao aire libre seguindo o protocolo e as medidas de seguridade contra a covid. Todos e todas, xa preparados cos seus mellores disfraces e a máis elaborada maquillaxe, empezamos a desfilar. Os integrantes do Centro de día foron os primeiros en pisar o escenario e puideron verse disfraces de hawaianos e hawaianas, coches de choque, e os ‘Tanxuamicos’ coa estética inspirada no famoso grupo galego ‘Tanxugueiras’.
Foi o turno dos compañeiros e compañeiras que forman parte do equipo de Fábrica Social e, nesta ocasión, disfrazáronse de sanitarios, tests anticovid e o propio virus. A orixinalidade foi o más destacable da xornada, pois o lema dos disfraces invitaban a un xogo de palabras “A ambulancia de Samu”, facendo referencia a Samuel, un dos nosos compañeiros do Fogar Amicos.
As persoas que forman parte do Fogar Amicos disfrazáronse baixo dúas temáticas: o mundo submarino e os superhéroes.
O que non faltou nin en Oleiros nin en Comoxo foi a alegría de poder celebrar o entroido un ano máis con disfraces, música e a tradicional gastronomía desta época e, sobre todo, volver a estar todos xuntos coma antes.