En España hai ao redor de 35.000 persoas con Síndrome de Down. Por iso, vemos a necesidade de en días como hoxe, no que se celebra o Día Mundial do Síndrome de Down, realizar diferentes actividades para que todos e todas tomen conciencia da necesidade de alcanzar unha inclusión real de todos os cidadáns.

Realizamos un vídeo no que se conta a historia Isabel Melón, asistente ao noso Centro de Día. A través das súas imaxes e da entrevista a súa irmá, Patricia Melón, tratamos de visibilizar a vida dunha persoa con Síndrome de Down. Na entrevista, Patricia Melón conta toda a desinformación e o estigma social que existe sobre esta discapacidade, así como unha das consecuencias de vivir con Síndrome de Down: o envellecemento prematuro. Tamén se destaca no vídeo o papel tan importante que desenvolven asoacións como Amicos.  Podes velo a continuación:

Ademais, colaboramos con diferentes accións xunto a Down España e Hop’Toys. No primer caso, simbolizamos o abrazo de diferentes maneiras fotografiando a todas os compañeiros e compañeiras. No caso de Hop’Toys tamén se realizaron fotografías centrando o foco nos calcetíns desemparellados. Asimesmo, elaborouse un mural con calcetíns desemparellados para visibilizar as persoas que teñen Síndrome de Down.

Por outro lado, compañeiros e compañeiras estarán durante toda a semana dende hoxe no ‘Stand Solidario’ do Centro Comercial Gran Vía de Vigo. O obxectivo é visibilizar ás persoas con discapacidade, como é o caso de aquelas persoas que teñen Síndrome de Down, xa que grazas a asociacións como a nosa, estas persoas poden alcanzar unha igualdade de oportunidades e a inclusión real na sociedade.