Hoxe os nosos compañeiros e compañeiras de Centro de Día foron ata a praia de Carragueiros, en Boiro, a facer unha limpeza de lixo mariño para conmemorar o Día Marítimo Europeo.

Con esta acción sumámosnos ao evento #EMDInMyCountry, pois é unha parte clave da ola de concienciación e activismo oceánicos. Onte e hoxe o Comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevičius, copatrocina unha conferencia en Ravenna, Italia. Este evento atrae a máis de 1550 personas interesadas nos océanos, dando importancia á economía azul para unha recuperación verde.

Ademais, este 2022 é o Ano Europeo da Xuventude, polo que moitos eventos de este ano céntranse en actividades xuvenís, como foi o noso caso. Esta edición do EMD (European Maritime Day), é unha oportunidade para que a comunidade marítima se reúna para traballar en rede, debatir e esbozar accións e solucións conxuntas sobre asuntos marítimos e unha economía azul sostible.

Entre todos e todas conseguimos recoller máis de 165 anacos de plástico e, como xa sabedes, eses plásticos acaban convertidos en microplásticos que son daniños para as especies mariñas, para a natureza e, para nós. Así mesmo, atopamos máis de 24 paos de batea e máis de 33 residuos variados como caucho, corcho, etc.

Únete ao movemento #EMDInMyCountry sumándote a un evento de este tipo ou compartindo nas nosas redes sociais. Fai click nos links de abaixo!