Como xa sabedes, Amicos estreou tres proxectos dentro do programa Empleaverde da Fundación Biodiversidad. Un deles é o proxecto ‘Intercostas II: Turismo costero sostenible’, no cal xa se estrearon varias formacións. O curso de ‘Gestión de residuos en espacios naturales protegidos del litoral gallego’ finalizou o pasado xoves, 26 de maio, e tivo unha duración de 30 horas repartidas en sesións presenciais e online. Grazas a esta acción formativa, un total de oito persoas desempregadas con discapacidade intelectual residentes en Pontevedra, poideron adquirir os coñecementos e as habilidades necesarias para realizar boas prácticas en materia de xestión de residuos dentro de espacios naturais protexidos.

A formación tamén contou con prácticas no Parque Nacional Marítimo – Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, nas que o alumnado pudo visitar as Illas Cíes, na que o alumnado recolleu e analizou os residuos atopados en cada unha das praias na distancia de un kilómetro.

En canto a formación sobre ‘Técnicas de guiado de rutas turísticas accesibles e interpretación del patrimonio natural marino del PNMT de las Illas Atlánticas de Galicia’, comezou o pasado xoves, 26 de maio e ten unha duración de 40 horas, tamén repartidas en sesións online e presenciais. Do mesmo xeito, conta con oito alumnos e alumnas desempregadas e, na súa maioría, con discapacidade intelectual residentes en Pontevedra e Vigo.

Este curso tamén conta con prácticas nas Illas Cíes, nas Illas Ons e en Cortegada. A primeira visita xa tivo lugar a semana pasada e o obxectivo principal é que os participantes aprendan a dominar e desenvolver técnicas de comunicación oral e xestual de guía turístico, así como coñecer e dinamizar o patrimonio natural mariño do PNMT das Illas Atlánticas.

Por outro lado, no marco do proxecto ‘New Forest’, comezou onte o curso ‘Control de la vegetación espontánea y creación de cortafuegos mediante técnicas tradicionales’. Nesta formación, que rematará o 10 de xuño, participan tamén oito persoas desempregadas con discapacidade intelectural. Neste caso, todos eles son residentes en Pontevedra e Ribeira. Todas as actividades prácticas levaranse a cabo na zona de O Grove para estudiar a biodiversidade e o terreo, así como coñecer o protocolo antiincendios.

No proxecto ‘Innova Empleo’, comezará o próximo luns, 6 de xuño, na Asociación ASANSULL de Andalucía a acción formativa titulada ‘Agentes dinamizadores de los ODS: el Campo de Gibraltar como escenario del cambio’, adaptado ás persoas con discapacidade intelectual. Terá unha duración de 25 horas con sesións presenciais e online e, así memos contará con visitas aos Parques Naturais e ás empresas de economía verde do Campo de Gibraltar. O fin principal da formación é fomentar o coñecemento da Agenda 2030 e os 17 ODS, capacitando ás personas participantes para que aprendan a sensibilizar ás empresas e organizacións públicas e privadas sobre a necesidade de realizar accións que vaian encamiñadas ao cumplimento dos ODS.

Os tres proxectos contan coa colaboración da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico a través do Programa Empleaverde cofinanciado polo Fondo Social Europeo.