En Amicos levamos anos traballando para coidar da nosa biodiversidade, da nosa natureza, das nosas costas. Traballamos día a día para facer un mundo mellor que una inclusión e coidado do medio ambiente, por concienciar de que debemos coidar dos nosos, coidando do noso. Só así podemos alcanzar un bo futuro, un futuro onde ninguén quede atrás e todos teñan as mesmas oportunidades.
Este domingo, 5 xuño, é unha data moi especial para todos e todas. É o momento de celebrar todo o que conseguimos ata o momento, pero tamén é un día para reflexionar todo o que queda por facer. É o momento de decirlle ao medioambiente que nos comprometemos a alcanzar un desenvolvemento sostible, que vamos a coidar de todo o que este nos da, que non tiraremos a natureza o que non é da natureza.
O noso compromiso social xa ven de atrás. Pois, ademáis de todos os proxectos ambientais que temos en Amicos como poder ser RE-MAR, Peneira ou Intercostas entre outros, apostamos por enerxías renovables contando cunha planta fotovoltaica de paneis solares para o autoconsumo no noso centro de Boiro. Así memo, acabamos de renovar o noso selo de garantía medioambiental de AENOR, co cal se mediron as nosas boas prácticas medioambientais durante este último ano.
Todo isto sen esquecernos das nosas Ecobrigadas, que no seu día a día realizan traballos medioambientais para alcanzar unha sociedade sustentable na que as persoas con discapacidade poidan participar de forma activa na sociedade.
Este domingo, 5 de xuño, continuamos apostando por unha economía socialmente responsable. Celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente realizando unha acción de limpeza de fondos mariños e areal na praia Nosa Señora das Illas Cíes coa colaboración do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Ademais, os Guías Medioambientais de Amicos realizaron o seu primeiro bautismo de buceo coas empresas BUCEO ISLAS CÍES, BUCEO CÍESUB e 13 GRADOS.
Entre todos e todas conseguimos retirar máis de 170 kilos de residuos. A maioría foron sacados do fondo do mar, onde atopamos unha pequena embarcación. Esta tamén contamina os nosos mares porque contén madeiras tratadas.
Agradecemos especialmente a José Antonio Fernández Bouzas, Director Xeral do Parque Nacional das Illas Atlánticas, por convidarnos a celebrar todos xuntos este día tan importante para todos e todas. Así mesmo, grazas a todas as empresas e participantes por acompañarnos na actividade.
Dende a asociación seguimos comprometidos cos ODS para crear futuros verdes inclusivos. E ti, axúdasnos a facelo posible?