Dende Amicos presentamos hoxe publicamente os proxectos ‘Intercostas II: Turismo costero sostenible’ e ‘Innova-Empleo: Experiencias de innovación local para el empleo’ no Centro de Visitantes do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia. Ambos proxectos desenvólvense coa colaboración da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica e o Reto Demográfico a través do Programa Empleaverde cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
O obxectivo común de ambos é insertar laboralmente a máis do 22% dos participantes totais nos programas relacionados coa economía verde, como explicou Xoan España, Director Xeral de Amicos.
As zonas de actuación dos proxectos serán as Rías Baixas de Galicia, poñendo especial atención ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e ao Parque Nacional de Corrubedo, a devesa extremeña e o Parque Nacional de Monfragüe, así como a zona máis occidental de Andalucía, con especial atención ao Parque Nacional de Doñana, ao Parque Nacional da baía de Cádiz e o Parque Nacional do Estreito de Xibraltar.
Por esta razón, contouse no acto coa presencia de José Antonio Fernández, Director Xeral do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia; representantes do Parque Nacional Doñana; representantes da asociación ASANSULL.
Entre os asistentes tamén estiveron Marta Mariño Regueiro, Xefa Territorial de Pontevedra da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, e Mª José Pérez-Izaguirre López, Xefa Territorial da Consellería en Vigo da Consellería de Politica Social de Vigo; que participaron na entrega de diplomas das formacións xa finalizadas.
Doutra banda, como representante da área de empresas contouse coa presencia de Gabriela González Márquez, Directora de RSC e Comunicación de Vegalsa – Eroski e David Veiga, Director de Recursos Humanos do Grupo Puentes.
‘Intercostas II: Turismo costero sostenible’
Un dos proxectos é o denominado ‘Intercostas II: Turismo costero sostenible’, continuación da primera edición do proxecto, para responder a varias problemáticas e necesidades detectadas relacionadas cos efectos negativos que deixa o turismo descontrolado nos espacios naturais do litoral galego e andaluz.
O proxecto, que conta co apoio do PNMT das Illas Atlánticas de Galicia e o PN de Doñana, pretende xerar un enfoque do turismo máis social e medioambientalmente responsable e sostible cos espacios naturais e coas persoas. Para elo, ten como obxectivo principal capacitar a 22 persoas en Andalucía e 23 en Galicia, que se encontran en situación de desemprego, en concreto persoas con dificultades de inserción socio-laboral. Preténdese insertar como mínimo a cinco persoas de cada rexión.
‘Innova-Empleo: Experiencias de innovación local para el empleo’
Por outra parte, o proxecto ‘Innova-Empleo: Experiencias de innovación local para el empleo’ emprega a innovación para a inserción laboral. O programa trata de vincular ás persoas coas entidades público e privadas e coas asociacións do tercer sector para que co traballo conxunto se mellore a empleabilidade dos colectivos con dificultades de inserción. O proxecto tamén pretende ser un instrumento innovador para dinamizar os retos marcados por cada ODS para facelos máis alcanzables, accesibles e participativos.
O itinerario que ofrece o programa está completamente ligado aos Obxectivos de Desarrollo Sostenible (ODS), pois os 15 participantes de Andalucía, os 15 de Galicia e os 15 de Extremadura serán formados para actuar como ‘Axentes dinamizadores dos ODS’ no seu territorio e se creará conciencia sobre a necesidade de xerar novos empregos relacionados coa economía verde e a innovación social que podan ser liderados por persoas con discapacidade intelectual. Do total de participantes, espérase insertar como mínimo 3 persoas en Andalucía, 4 en Galicia e 3 en Extremadura.
‘Innova-Empleo: Experiencias de innovación local para el empleo’ tamén impulsa o esforzo entre entidades para xerar unha rede de traballo nacional para a búsqueda, detección e impulso de oportunidades de emprego verde ou azul adaptado. Para iso, Amicos contará coa colaboración directa da asociación gaditana ASANSULL, o PNMT das Illas Atlánticas de Galicia e a empresa extremeña INSERTUS.