Hoxe presentamos a nova alianza con Cobre San Rafael para seguir traballando conxuntamente pola inserción laboral das persoas con discapacidade. O acto tivo lugar no Miradoiro Pedra da Rá, xa que as Ecobrigadas levan uns días traballando no acondicionamento e mantemento da zona.

As Ecobrigadas son un equipo multidisciplinar de persoas con discapacidade que combinan a innovación social e o coidado medioambiental para a execución de obras forestais, prevención de incendios forestais, xardinería e bedelería. As persoas que forman parte das Ecobrigadas reciben formación adaptada e son acompañadas durante todo o proceso para mellorar a súa empleabilidade.

Como explicou Xoan España, Director Xeral de Amicos, grazas as Ecobrigadas xérase “35 postos de traballo de persoas con discapacidade intelectual”, onde “o esforzo, a superación e o exemplo de que sempre se pode, demostran que sempre hai unha oportunidade para avanzar”. Así mesmo, aproveitou para dar as grazas a esta nova alianza porque “é unha aposta por continuar na formación, na intermediación e no apoio das persoas con discapacidade para conseguir un emprego”.

Pola súa banda, Pablo Núñez, Director de Relacións Instituionais de Cobre San Rafael mostrouse orgulloso de “estar hoxe aquí apoiando a Asociación Amicos en todas as accións que fai” e describiu o labor da Asociación como “imparable” e de “primeiro nivel”. Rematou dicindo: “Temos implantado no noso ADN o coidado, a sostenibilidade e a recuperación medioambiental” e, por iso “encaixamos perfectamente no que pretendemos nós e o que fai Amicos”.

Tamén estivo presente Ana Barreiro, concelleira de Servizos Sociais de Ribeira que agradeceu a Amicos por seguir facendo un “labor excepcional”.

Ademais, José Manuel Ramos, traballador na Ecobrigada, quiso dar as grazas a empresas como Cobre San Rafael por “darnos a oportunidade” e a Asociación por “axudarnos a insertarnos na sociedade”.