“Historia dunha Alianza”. Un relato onde queda patente o gran compromiso de Jealsa con Amicos.

Tamén aproveitamos a ocasión para que Marga Hermo, directora de relacións institucionais de Jealsa, asinase a renovación do convenio de colaboración.

No vídeo queda patente o gran compromiso da conserveira dentro do seu programa de RSC WE-SEA. Para Jealsa, as alianzas son fundamentais.

En este vídeo quedou patente o comprimiso da conserveira con tres dos piares importantes para nos:

  • O primeiro deles, a inserción laboral de persoas con discapacidade.
  • O segundo, facilitar oportunidades e apoios a persoas con grandes discapacidade, a través da nosa fábrica social e os nosos talleres prelaborais.
  • E por último, traballar conxuntamente en proxectos de integración escolar de nenos con discapacidade, a través dos proxectos Badabooom e Festiritititi e tamén manter a nosa unidade de apoio e estimulación sensorial.

 

Queres ver o vídeo?

 

 

Despois da visualización do vídeo, Margarita Hermo e Xoan España, director xeral de transformación de Amicos, asinaron a renovación do convenio de colaboración.

Esta firma ten como obxectivo seguir promovendo oportunidades de inserción laboral e os proxectos de integración escolar.

Hermo, deunos as gracias e comentou que “coa renovación deste convenio seguimos afianzando a relación que comezou fai máis de 10 anos con Amicos”.

“Unha alianza que nos permite seguir aportando a sociedade contribucións positivas que axudan as persoas máis vulnerables e as súas familias, o tempo que intentamos concienciar a tódolos veciños e veciñas da importancia de construir unha sociedade máis inclusiva”.

Por útlimo, o noso directo, Xoan España apuntou que: “Hoxe e un día especial, un día diferente, paranós as alianzas son un dos motores transversais, o gran traballo aquí e sumar aliados”.

Para iso realizaremos “o coidado dos máis fragiles, coa dotación de recursos para manter os servizos e as unidades de investimento e estimulación sensorial, a inserción laboral nas distintas factorias do grupo Jealsa, fornecer de carga de traballo e actividade aos distintos talleres da nosa asociación, e por último, visibilizar o impacto social co apoio o Festirititi, que e a festa que celebramos o día 3 de Decembro polo día mundial da discapacidade ”.

Grazas a esta colaboración puidemos apoiar a pequenos e adultos con discapacidade intelectual en toda a súa etapa vital e as súas familias nestes últimos 10.

Deixámosvos algunhas das noticias en medios de comunicación:

👉 La Voz de Galicia. “Jealsa Rianxeira y Amicos renuevan su convenio de colaboración”
👉El Correo Gallego “Jealsa renova o seu compromiso con Amicos, iniciado hai dez anos”