A tarde do xoves tivo lugar no Teatro Cinema Elma da Pobra do Caramiñal a gran estrea da miniserie “Ronsel de Arousa”

Co estreo desta mini serie,  pretendemos concienciar sobre a defensa da pesca e o marisqueo sustentable na Ría de Arousa.

 

Esta tarde estrearonse os seis capítulos, da serie de ficción “Ronsel de Arousa”producida pola Asociación Amicos coa colaboración de Lesmes Produccións.

 

Javier Freijo é o protagonista da trama, que xunto co actor Federico Pérez, o seu irmán na ficción, ven de preto a problemática do lixo mariño un día que están a pescar e deciden loitar para poñerlle freo. Falan con mariscadores, biólogos, vendedores en lonxas, levan a cabo accións formativas… todo iso en diferentes localizacións en ambas caras da ría de Arousa e acompañados de compañeiros e amigos.

 

 

Apoiando esta estrea contamos coa presencia de Arturo Parrado, director xeral de inclusión da Xunta de Galicia, que destacou  “Amicos e unha das entidades referentes do Barbanza, mesmo de toda Galicia, estou encantado de poder estar hoxe aquí compartindo esta gran estrea e ver de primeira man o gran traballo que realizaron coa creación de esta serie relacionada co coidado do mar e das nosas rías”

 

 

Tamén interveu Xoan España, director xeral da Asociación Amicos, que destacou “É unha honra para a min ver hoxe aquí culminado o gran traballo que desenvolveron tanto usuarios como técnicos de Amicos con esta serie”.

Na proxección tamén nos acompañou Xosé Lois Piñeiro, Alcalde da Pobra do CaramiñalMaría José Sampedro Fernández 1ª Tenente Alcalde do concello de Ribeira, Margarita Hermo, directora de relacións institucionais de Jealsa, membros das confrarías, mariscadoras entre outros.

 

No intermedio da acto, contamos coa actuación de Manoele de Felisa, cantautor galego que amizou a estrea interpretando unhas composicións de temática mariñeira.

 

 

O acto finalizaou cunha gran foto de familia, dos actores , extras, voluntarios e todo equipo técnico e artístico. Gracias a todos eles foi posible a creación de esta producción audiovisual na que a entidade Amicos quere destacar o papel das persoas con discpacidade como axentes de promoción e defensa da pesca e o marisqueo sustentable na ría de Arousa.

page2image14022256

A partir da vindeira semana, iremos estreando os capítulos semanalmente nas nosas redes sociais.

 

Links a medios:

LA Voz de Galicia   

Xunta de Galicia

Quincemil

La Voz de Galicia Barbanza