Este venres celebrouse o festival da inclusión organizado pola Asociación Amicos.
Hoxe tivo lugar o Festiritititi, en Boiro. Este evento, nacido fai cinco anos con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, articúlase xa como referente de inclusión social na zona do Barbanza.
Este festival da inclusión estivo cheo de actividades para os case mil menos e nenas que acudiron. Todos os xogos propostos estaban adaptados ás necesidades cognitivas dos participantes, fomentando a súa inclusión e permitindo que desfrutasen xuntos. Despluma Galiña, Atrapa Zombies, Escondite Inglés… diversos logos despregáronse por todo o parque da Cachada.
Macarena Fernández, integrante da Asociación Amicos, foi a encargada de abrir o certame. Ao evento acudiron Fernández González Abeijón, Director Xeral de Persoas con Discapacidade e Judith Fernández Novoa, Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Ademais asistiron diversos alcaldes da bisbarra e demais autoridades.
Margarita Hermo, directora das relación institucionais de Jealsa, dirixiu unhas emotivas palabras aos alí presentes: “As persoas con discapacidade son persoas que suman, que aportan á sociedade e que debemos facer que, cada vez máis, se sintan partícipes da mesma”.
Tras unha mañá chea de diversións e emocións, o festival pechou cunha gran sorpresa, un DJ que fixo que os case mil rapaces e rapazas sairan do Festiritititi cun gran sorriso.
Unha xornada divertida, marcada por el optimismo e bo ambiente. Dende a Asociación Amicos queremos agradecer a colaboración de todos os colexios, concellos e empresas que participaron.