A asociación Amicos recibiu unha doazón de 8.950€, realizada pola compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski.

Este mércores 14 de decembro, Vegalsa-Eroski renovou o convenio de colaboración coa nosa asociación. A sinerxia entre ambas organizacións vincúlase ao programa RE-MAR, mediante o que se busca realizar unha limpeza integral das praias da contorna.

Este proxecto, liderado por Amicos, ten como obxectivo o custodio ambiental para reducir os residuos no espazo mariño protexido do arco atlántico galego.

O acto realizouse nas instalacións do hipermercado EROSKI en Noia. O cheque entregado por valor de 8.950€ dedicarase ao coidado das praias galegas e educación ambiental. Por unha parte, o traballo centrarase na recollida, clasificación e valorización dos residuos. Por outra, na formación de educación ambiental e sensibilización dos colexios. Dúas labores complementarias enmarcadas nos ODS da Axenda 2030.

Irasema Dámaso, representante do departamento de RSE de Vegalsa Eroski sinala como: “É un orgullo renovar a nosa colaboración cunha asociación como AMICOS, que nos permite participar en proxectos medioambientais de gran alcance, materializados en iniciativas tanxibles que permiten implicar á comunidade local de xeito constante a través da inclusión social”.

O responsable de Alianzas con Persoas de Empresas de Amicos, Miguel Beiro, engadiu que “Apasiónanos traballar ‘con’ e ‘para’ as persoas e o medioambiente, mais sobre todo ver como alianzas como esta, nas que as persoas con discapacidade intelectual son as protagonistas e actores principais, triunfan e obteñen este gran respaldo.”

Ambas empresas colaboran de forma reiterada. Este ano participaron Xuntas na limpeza de varias praias da comarca. Retiráronse máis de 100kg de residuos, aproveitados para talleres de manualidades en Amicos.

A renovación deste convenio responde ao interese común de coidar a natureza do noso entorno e exténdese a outras ramas de actuación. Exemplo disto, o Programa Integrado de Emprego, que insertou a 53 persoas no primeiro semestre de 2021-2022. A sostenibilidade é un dos eixos vertebradores de Amicos e programas como RE-MAR son exemplo disto.

 

Enlace a medios:

👉 La Voz de Galicia

👉 El Correo Gallego