Un acto no que se realizaron actuacións de canto, baile e teatrais realizadas polos usuarios da asociación Amicos.

Hoxe celebramos a nosa gran festa de Nadal no auditorio de Ribeira. Tras dous anos de pandemia, tiñamos gañas de amosar o que os rapaces e rapazas de amicos son capaces de facer. Por iso, durante as derradeiras semanas estivemos preparando os números musicais e teatrais.

O acto abriu coa presentación do noso Calendario Social 2023, no que colaboraron 25 empresas da contorna, tales como Gadisa, Congalsa ou Bodegas Paco y Lola. Quixemos poñer o foco na riqueza cultural da nosa comunidade, sen esquencer aos verdadeiros protagonistas: as persoas con discapacidade. Algúns dos lugares seleccionados foron: a Illa de Sálvora, o Faro de Corrubedo ou o bosque encantado de Aldán.

A vicepresidenta de Amicos, Digna Iglesias, quixo dar as grazas a todos os presentes. En especial, ás empresas colaboradoras, incidindo no seguinte: “Quero agradecer o apoio de Lesmes Fotógrafos, ao que lle fago unha especial mención, posto que, depois de tanto tempo, sigue tendéndonos a súa man”.

Tanto os peques como os máis maiores participaron no evento. Divertidos bailes, villancicos inventados ou aqueles máis clásicos… entre todos arrancaron un sorriso aos presentes. Estas acción son cruciais para fomentar as relacións interpersoais e previr o deterioro físico e cognitivo. Alén diso, son exemplo do que os nosos amicos son capaces de facer con confianza e esforzo. Este festival busca fomentar o aproveitamento positivo do tempo libre e favorecer a autoestima das persoas integrantes do evento. Desenvolver a tolerancia e comprensión permite a inclusión das persoas con discapacidade na sociedade.

ENLACE A MEDIOS

👉 El Correo Gallego

👉 La Voz de Galicia