A Fundación Vertex Bioenergy doa 2.640€ á nosa asociación para a reforestación dos montes no Concello de Curtis.
Por segundo ano consecutivo realizaremos, xunto con Vertex Bioenergy, unha actuación de reforestación en Curtis. 450 pinos serán plantados en beneficio da inclusión sociolaboral de persoas con discapacidade.
A Fundación Vertex Bioenergy desenvolve programas de divulgación de bioetanol ao alumnado de secundaria e bachiller. Tamén se encarga de apoiar o talento xoven, conceder becas de estudos…. En Galicia colaboran con diferentes entidades, como o Instituo de Investigación Sanitaria da Universidade De Santiago.
No acto acudiros Antonio Vallespir e Xosé María Moncasi de Alvear, presidente e director da fundación. Vallespira sinalou que “Estamos encantados de contribuir á inclusión das persoas con discapacidade intelectual na sociedade a través de accións de sensibilización polo clima.”
Miguel Beiro, responsable da área de Alianzas da nosa asociación, comentou “En Amicos temos claro que sos non podemos contribuir a cumprir os Objetivos de Desenvolvemento Sostible. As empresas teñen tamén unha responsabilidade enorme á hora de facer do noso entorno un lugar limpo e seguro. Por iso, con fundacións comprometidas e socialmente responsables como a Fundación Vertex Bioenergy conseguirémolo.”
A colaboración entre ambas fundación responde a un obxectivo común: inclusión e voluntariado medioambiental. Para iso, plantaran 450 pinos ayudados polos escolares do Colexio Público de Curtis e o CEIP A Froula de Teixeiro.