Na sede de Amicos levamos semanas decorando o centro para dar o pistoletazo de saída ao entroido no Barbanza.
Domadores, leóns, pallasos, forzudos, malabarista… encheron as instalacións de Comoxo co gran espectáculo do circo de Amicos.
Esta mañá celebrouse nas instalacións de Comoxo, o particular entroido con moitos disfraces, doces típicos, un gran desfile e como non podía faltar, moita música e baile.
Levan semanas implicados en ambientar as instalacións como un gran circo. Ademais, traballaron na elaboración dos seus propios disfraces, tanto no centro de Comoxo, como no colexio de Oleiros e así celebrar o tradicional entroido.
A xornada comezou coa presentación das comparsas e o gran desfile de carrozas elaboradas polos usuarios e usuarias do centro integral.
Sen dúbida, o prato forte desta celebración veu co desfile das comparsas, que reuniu a máis de 250 persoas, entre usuarios, usuarias e familias.
Todos e todas, xa preparados cos seus mellores galas e a maquillaxe máis elaborada empezaron a desfilar. Os primeiros en facelo foron os domadores e leóns, a continuación, foi a quenda dos compañeiros e compañeiras da comparsa dos pallasos, para continuar, recen saídos do ximnasio, contamos coa presencial dos forzudos e forzudas de Amicos, de igual importancia nun circo son os malabaristas e as súas grandes habilidades, así mesmo tamén contamos coa presenzas dun grupo de magos e para finalizar o gran desfile, chegados dende o propio Amazonas, contamos coa gran fauna submarina.
A xornada continuo chea de xogos, bailes e ata un karaoke.
Enlaces a medios: Noticia no Diario de Arousa