Este ano 2023, polo Día Internacional da Muller desde Amicos, quixemos dar voz aos mozos e mozas da nosa entidade.

No día de hoxe Carolina, Adriana, Macarena, Juan Antonio, Marcos e Manuel son os e as protagonistas, leron un pequeno manifesto para revindicar a igualdade entre homes e mulleres, nel queren deixar clara a loita diaria a que teñen que enfrontarse pola igualdade e por perseguir os seus soños.

 

 

Ademais, no centro realizamos outras actividades ao longo de toda a semana para a concienciación deste día.

Tamén fomos invitador á lectura colectiva do manifesto no Concello de Boiro.

 

 

Por último, Susi e Martín foron os encargados de entregar uns fantásticos agasallos que realizaron xunto ás súas compañeiras e compañeiros con moito agarimo durante esta última semana para reivindicar este día.

 

Con esta campaña, desde Amicos pretendemos seguir loitando pola equidade, independentemente do xénero e dificultades de cada persoa. Todo é posible coa axuda de todos.

En Amicos axudamos a facer posible historias. Axúdanos a que máis persoas como elas alcancen os seus soños