Fabiola García, conselleira de política social e xuventude da Xunta de Galicia visitou as obras de ampliación do noso Centro Integral Amicos e a creación do novo edificio residencial.
O servizo de apoio residencial dispoñerá de 25 novas prazas e 1.278 m2 máis construídos.

 

 

En novembro do 2022 comezaron coas obras de ampliación da nosa sede de Amicos en Boiro. O director xeral de Amicos, Xoan España convidou este luns á conselleira de política social, Fabiola García a visitar as obras de ampliación do centro residencial Amicos.

Esta ampliación é a primeira actuación con cargo á concesión de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a creación de novos centros de atención a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, e para a remodelación e adaptación de equipamentos xa existentes, non marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU.

Actualmente, o noso centro residencial, situada en Comoxo Boiro, conta con 36 prazas dobres, grazas a esta fase de ampliación, as instalacións contarán con 61 prazas para persoas con discapacidade. O edificio sitúase paralelamente ao actual e dispoñerá de 25 novas habitacións, todas elas individuais e con baño propio.

 

“Con esta obra de ampliación imos poder mellorar o apoio que prestamos no Barbanza e así contribuír a seguir mellorando a súa calidade de vida” dixo Xoan España.

García subliñou o apoio da Xunta para axudar ás familias con persoas con discapacidade ao seu cargo. “Cando un ten un fillo con discapacidade, ou primeiro que pensa é quen vai coidar do meu fillo cando eu falte, por iso dende a Xunta de Galicia imos dar ese soporte económico ás entidades sociais “.

 

Amicos e unha dás 10 entidades beneficiadas desta convocatoria e concedelle 1,2millóns de euros para a ampliación do seu centro de día e residencial, grazas a esto poderá ampliar a cobertura e o apoio as persoas con discapacidade do Barbanza.

 

A conselleira puxo a Amicos como un exemplo dunha entidade que apoia ás familias, non só polo esforzo na ampliación do seu centro de día e residencial, senón tamén por facilitar a calidade de vida das persoas desta comarca, para que as familias teñan esa tranquiladade de que os seus fillos estan ben atendidos e preto deles.
NOTICIAS EN MEDIOS