Esta mañá presentamos todas as actividades que levaremos a cabo para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que terá lugar o próximo domingo día 2 de abril. Para elo, contaremos coa colaboración da Asociación de Empresarios de Boiro, Ribeira, Porto do Sin, Rianxo, Pobra, Noia Histórica, Somos Rianxo e este ano sumase Zona Aberta Centro Comercial Abierto de Vilagarcia de Arousa.
Un ano máis invitamos a todos os comercios e negocios a que os decoren de azul.

Pilar Sampedro, responsable do Centro Integral Amicos comentou “É moi importante presentar esta campaña e que coñezan un pouquiño máis sobre as persoas con autismo” “O obxectivo da campaña é visibilizar que na sociedade na que vivimos existen persoas que teñen necesidades especiais e diferentes”. Explicou tamén que os colexios, ademais de decorar de azul, tamén poden enviar unha mensaxe ou imaxe co infinito da confederación española de Autismo e “dando renda solta a súa imaxinación”. Finalizou a intervención convidando a toda a cidadanía a que participen no acto que celebraremos o próximo 31 de marzo na praza do concello de Ribeira.

Un ano máis as asociación de empresarios participan nesta campaña coa cesión de 8 vales de 50€ cada un para a realización dun sorteo que incentive a comprar no comercio local. Todas aquelas persoas que compren nos comercios de Boiro, Ribeira, Pobra, Rianxo, Portosin, Noia e Vilagarcia entre o 27 de marzo e o 4 de abril entrarán nun sorteo de 8 vales por valor de 50 euros proporcionados pola Asociación de empresarios de cada Concello. O premio deberá gastarse nos comercios adheridos ás asociacións de empresarios.

Para participar no sorteo, ademais de comprar no comercio local, deberán enviar o ticket de compra e co seu nome completo, teléfono e email a seguinte dirección de correo electrónico:
diadoautismo@amicos.org.

Francisco Martínez, presidente da Asociación de empresarios de Ribeira comprometeuse a seguir colaborando “Espero que coa axuda e a colaboración de todos podamos apoiar a este colectivo”.

Outra das iniciativas é que o comercio que mellor decore e ilumine de azul a súa tenda participará de forma gratuita no noso calendario solidario 2023. É moi importante que comparta as súas fotos a través do teléfono 697 41 91 10 ou nos etiquete nas nosas redes sociais:

• Instagram: @amicosasociacion
• Facebook: @Amicos
• Twitter: @AmicosAsoc

Juan Pombo, residente do Fogar Amicos foi o encargado de visibilizar este ano a todos os seus compañeiros e compañeiras con esta discapacidade e invita a todos a que envíen as súas imaxes e participen no acto do vindeiro venres.

Para máis información:
T. 981 865 716  •  M. 658 753 047  •  hola@amicos.org