Este proxecto conta coa colaboración de Fundamar, e conta co apoio de Rede Eusumo, da Xunta de Galicia. Mar de Amicos aposta pola empregabilidade de persoas con discapacidade a través da promoción do patrimonio marítimo pesqueiro.

A nosa Asociación AMICOS e FUNDAMAR anunciaron o pasado venres 14 de abril a posta en marcha do programa “MAR DE AMICOS”, que desenvolven conxuntamente para fomentar o turismo accesible e favorecer a empregabilidade de persoas con discapacidade, e que conta co apoio da rede galega Eusumo, coa que a Xunta de Galicia impulsa a economía social.

“MAR DE AMICOS” é unha iniciativa aberta e colaborativa na que todos os actores que, demaneira directa e indirecta, esten vinculados ao patrimonio marítimo pesqueiro, na contorna da Comarca do Barbanza.

O acto de presentación tivo lugar na lonxa de Ribeira, e contou coa participación de Manuel Ruiz, alcalde do Concello de Ribeira; Covadonga Toca, secretaría xeral de Apoio ao Emprego, traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia; Xoan España, director xeral de Amicos; Javier Touza, presidente de Fundamar; María Caldeiro, xerente de Fundamar; entre outros.

“Quero felicitar a todos os que fan posible estas xornadas, sobre todo polo que é “MAR DE AMICOS” xa que enlaza todo o que dende a mancomunidade e o concello tentamos levar a cabo dende hai moito tempo, e sen dúbida isto vai ser unha axuda inestimable que vai contribuír a que por fin poidamos ter ese gran reclamo turístico que é o noso mar, e todo o que significa en cuestión co turismo accesible” dixo Ruiz.

Toca subliñou a dobre vertente desta iniciativa xa que, por unha banda, desenvolve un programa de turismo accesible e inclusivo no ámbito do patrimonio marítimo pesqueiro a través das entidades de economía social e, por outra, favorece a empregabilidade de persoas con discapacidade.

“Este programa é unha mostra máis da aposta que a Xunta de Galicia realiza a través da Rede Eusumo que traballa no impulso da economía social, para alumar entidades novas neste sector e titorizar proxectos enmarcados nesta fórmula solidaria de negocio, comprometida coa súa contorna”, indicou Toca.

Xoan España que se mostrou entusiasmado co proxecto, explicou que “Coidar do noso, coidando dos nosos, e o noso lema, con iniciativas como esta e outras parecidas favoreceremos a empregabilidade de persoas con discapacidade o mesmo tempo que coidamos do medioambiente”.

No acto tamén participou Javier Touza, presidente de Fundamar; que destacou “Galicia somos mar, levámolo nas nosas veas; complementámonos totalmente, o sector primario produtivo co turismo sostible, que é o futuro, que é inclusión, que é sostibilidade”.

Tamén estivo presente, María Caldeiro, xerente de Fundamar; que recalcou que “O proxecto Mar de Amicos é un proxecto colaborativo, aberto a todas as entidades e iniciativas vinculadas co patrimonio marítimo pesqueiro que queiran formar parte deste gran mar de amicos”.

Na xornada tamén nos acompañaron na mesa de valorización turística do patrimonio marítimo terrestre, Iria Caamaño, doutora e profesora na facultade de turismo da Universidade da Coruña; José A. Mascote, experto en deseño e comunicación, promotor de rutas de turismo industrial; Ana Isabel Gómez, experta en turismo accesible e membro do grupo de estudos territoriais da Universidade da Coruña e Fátima Cachafeiro, Xerente da mancomunidade Barbanza Arousa.

A xornada finalizou cun aperitivo servido polo equipo ****Ñam ****Ñam de Amicos.

NOTICIAS EN MEDIOS
LA VOZ DE GALICA
DIARIO DE AROUSA
O BARBANZA
CANAL RIAS BAIXAS
XUNTA.GAL