O martes 19 de abril organizamos unha xornada ambiental para analizar e concienciar do lixo con 60 escolares e “profes verdes” da Asociación Amicos. Na actividade participaron escolares dos centros, La Encarnación e o CPR San Fermín Padre Samascos de Caldas.

Amicos organizamos o martes unha xornada para identificar e analizar os máis de 26 kilos de residuos retirados na contorna da senda verde do río Umia ao seu paso por Caldas de Reis. Nesta actividade participaron distintos actores da sociedade caldense, o concello, a empresa Clavo Food Factory, escolares dos centros La Encarnación e o CPR San Fermín Padre Samascos, esta acción esta enmarcada dentro do proxecto Dinamiza, que a asociación levamos desenvolvendo dende comezos de ano.

O obxectivo da xornada foi mostrar e concienciar da necesidade de protexer os nosos ríos facendo unha boa xestión dos residuos. Na acción contouse coa participación de máis de 37 escolares dos colexios La Encarnación e CPR San Fermín Padre Samascos, e 23 integrantes de Amicos e voluntarios e voluntariasPablo Penide, orientador laboral de Amicos, agradeceu a implicación de todos os alí presentes, pois a actividade de hoxe supón “un piar fundamental para seguir formando axentes verdes que conciencen á cidadanía”.

Dende a empresa Clavo Food Factory o seu director de operación, Bernardo Pérez comentou “Hoxe estamos aquí acompañando . Asociación Amicos, desde que nos propuxeron esta acción non dubidamos en participar”, pois, “por unha banda temos a acción ambiental de limpeza da contorna do río, pero doutra está un tema de responsabilidade social, xa que contamos con escolares e persoas con discapacidade que lideran esta acción”.

Juan Manuel Rey, rexidor do Concello de Caldas de Reis: “Queremos apostar dun xeito decidido pola concienciación, este é o futuro de poder manter espazos verdes” mostrouse encantado de poder compartir esta xornada coa asociación.

Doutra banda, Sihomara Agrofojo, responsable da acción medioambiental, agradeceu aos colexios e voluntarios a sea labor e calificouna como “moi importante a nivel ecolóxico” porque aínda que “cada vez hai menos residuos, sempre se xeneran”. Engadiu: “Oxalá o ano que ven teñamos todavía menos residuos”.

Gracias ao apoio e respaldo recibido, repetiremos a acción o vindeiro ano.

Sobre o proxecto DINAMIZA

O proxecto DINAMIZA pretende poñer en marcha varias accións de sensibilización inclusivas para a dinamización dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible en Galicia, Andalucía e Estremadura. Entre os obxectivos, perséguese xerar redes de traballo comarcais a través das cales se poidan impulsar accións de formación e sensibilización medioambeintal á poboación local, así como accións participativas e de aprendizaxe conxunta sobre como contribuír ao cumprimento dos ODS. Ademais, preténdese identificar, avaliar e recoñecer as boas prácticas que desde o sector empresarial están a realizarse en materia de inclusión e sustentabilidade ambiental.

 

NOTICIAS EN MEDIOS
EL CORREO GALLEGO
FARO DE VIGO
DIARIO DE AROUSA
CANAL RIAS BAIXAS