Esta mañá organizouse unha xornada ambiental para concienciar da importancia do coidado do litoral mariño das Rías Baixas, esta acción contou coa colaboración do Concello de Poio. Na actividade participaron máis de 140 escolares dos centros, CEIP Plurilingüe Isidora Riestra, CEIP Lourido e o IES de Poio.
Na mañá do día de hoxe, os nosos voluntarios e voluntarias de Amicos acompañados de escolares do Concello de Poio levaron a cabo unha xornada para sensibilizar e analizar os máis de 20 kilos de residuos retirados na Praia da Cabeceira, nesta xornada recolléronse 10kg de plásticos, 6,5kg de mestura, 1kg de vidrio e 2kg de papel.
Esta actividade contou coa colaboración do Concello de Poio e escolares de tres centros da contorna, o CEIP Plurilingüe Isidora Riestra, CEIP Lourido e o IES de Poio. Máis de 140 escolares e 30 integrantes da asociación colaboraron nesta gran recollida de lixo mariño.
O obxectivo da xornada foi mostrar e concienciar da necesidade de protexer os nosos mares e en especial, das nosas Rías Baixas. Na acción contouse coa presencia de Margarida Caldas, Segunda Tenente Alcalde do Concello de Poio; Raquel Rodríguez, Concelleira de Cultura e Educación do Concello de Poio e Diana Cidrás, Orientadora Laboral da Asociación Amicos.
Cidrás agradeceu a implicación do concello e aos alí presentes, pois a actividade de hoxe supón: “Para Amicos, hoxe é un día moi importante, porque forxamos unha nova alianza que nos permite seguir coa nosa tarefa de coidar do noso, coidando dos nosos”.
Dende o concello, a súa tenente alcalde, Margarida comentou: “Queremos levar a cabo políticas de futuro de conservación do medioambiente, e para iso temos que implicar a toda a sociedade” calificou a iniciativa de moi importante, “O futuro de Poio, pasa por iniciativas claramente, en verde, de concienciación, inclusión e sobre todo concienciar as novas xeracións que veñen dá importancia de coidar do medioambiente”.
Raquel Rodríguez, apuntou que: “Foi unha xornada moi importante para o concello, unha mañá de concienciación, inclusión, de facer novas amistades, que os rapaces e rapazas foxen conscientes da necesidade de coidar do noso mar” e mostrouse encantado de poder compartir esta xornada coa asociación e os escolares e pasar unha mañá tan estupenda xuntos.
Por útlimo, dende Amicos, queremos agradecer ao concello e tamén a todos os participantes a gran labor de inclusión e sensibilización feita no areal da Praia da Cabeceira.
ASOCIACIÓN AMICOS contribuimos a xerar oportunidades e ofrecer apoios aos proxectos de vida das persoas con discapacidade intelectual, con trastornos do espectro autista, con parálise cerebral, e ás súas familias. Traballamos para conseguir a inclusión de cada persoa como cidadán de pleno dereito e promovemos a construción dunha comunidade diversa con conciencia ambiental e respectuosa co seu patrimonio e cultura.
En Amicos desenvolvemos a nosa actividade cun modelo de intervención no que as persoas, familias e a comunidade ocupan o centro, e contamos con persoas, medios, recursos económicos e alianzas para o seu desenvolvemento efectivo. A sustentabilidade é un dos nosos eixos vertebradores que fixa criterios para participar activamente na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, con diversas liñas de actuación, entre as que se atopa o programa RE-MAR.
NOTICIAS EN MEDIOS
FARO DE VIGO
PONTEVEDRA VIVA
DIARIO DE PONTEVEDRA
DIARIO DE PONTEVEDRA
Para máis información:
T. 981 865 716
M. 658 753 047
hola@amicos.org